Chegou o momento de gozar de todo o sabor da tradición nese evento especial que levas preparando dende hai tempo. Contar co servizo exclusivo dunha pulpeira é agora posible con Pulpería Porta Catering.
Nada nos fai máis felices que levar o sabor da nosa terra e as nosas exquisitas receitas a túa festa. En Pulpería Porta Catering poderedes degustar unha ampla oferta de menús e buffets adaptados aos vosos gustos e ás vosas necesidades.
Un evento cheo de personalidade con todo o sabor da terra
Un evento con personalidade propia require dun servizo exclusivo e orixinal como o que somos capaces de ofrecervos. Ademais, dende Pulpería Porta Catering unimos esforzos para facer que o día do evento todo saia a pedir de boca.
Contarás cun equipo de cociñeiros expertos para ti en exclusiva, cun produto de máxima calidade e tamén cun equipo de camareiros con ampla experiencia no sector, preparados para ofrecer o mellor dos servizos.
Encargámonos de que todo saia a pedir de boca
Coidamos a ata o derradeiro detalle, cunha visión integral na organización de calquera evento. Para nos, cada elemento conta e por iso nunca descoidamos ningún. Habilitamos o espazo elixido para o teu evento, xa que as nosas carpas están dispoñibles para un número moi diverso de comensais.
Encargarémonos de instalar baños móbiles, xeradores de enerxía, cociñas totalmente equipadas e todo o que sexa necesario para que o evento sexa perfecto.
Moito máis que polbo
O noso servizo de catering inclúe pratos de primeira calidade. Por suposto, polbo, pero non só: tenreira, churrasco, carne ao caldeiro, callos, cocido e mais richada son as nosas especialidades. A experiencia en cocina e a profesionalidade do noso equipo, fai o resto. Ademais, contamos cunha opción de personalización de menús dispoñible para ti.
Acompañamos os nosos manxares cos mellores viños da terra: na nosa mesa non faltan Ribeiros, Albariños, Godellos, Barrantes, Mencías e Riojas.
A preparación caseira e as receitas exclusivas acabarán por conquistar a todos os teus invitados. Por iso, non podes renunciar a achegar ao teu evento todo o sabor da tradición.
Os nosos premios avalannos, ¡contacta connosco!
A nosa profesionalidade está avalada polo percorrido que levamos realizado dende hai moitos anos. Unha traxectoria pola que tivemos a sorte de recibir o recoñecemento no Foro Gastronómico de Santiago, en dúas edicións, en 2010 e 2012, e mais o recoñecemento no concurso de San Froilán no ano 2014.
Aposta por un catering de confianza, pensado para que á túa festa non lle falte detalle nin o mellor sabor. En Pulpería Porta Catering estaremos encantados de facer da túa velada unha ocasión inesquecible para todos. Non perdas a oportunidade de contar cunha pulpeira na túa festa.