Estase aproximando unha ocasión especial? Nese caso precisas que todo saia a pedir de boca para gozar dunha xornada inesquecible. E so os mellores servizos de catering e organización de eventos pódense encargar de facelo posible. Nada nos gusta máis en Pulpería Porta, con servizos en toda Galicia, que vervos pasalo ben e asegurarnos de que todo canto acontece está ao voso gusto. Por iso, poñemos á túa disposición un servizo de organización de eventos co que poderás esquecerte de todo e centrarte na única cuestión que importa: gozar o momento sen límite. Descobre todo o que temos preparado para ti nese día único no calendario.
Preocúpate só de pasalo ben, do resto encargámonos nós
Ofrecemos, para esa ocasión tal especial, un servizo integral de organización de eventos, que inclúe a súa completa xestión en todas as fases: buscamos para vós o mellor espazo segundo o tipo de evento que queirades facer, encargámonos da habilitación do mesmo para o día do evento, instalamos as nosas propias carpas, sempre adaptables segundo o número de comensais co que contedes e, por suposto, rematamos a organización con todo tipo de detalles que che axudarán a marcar a diferenza: poderás contar con baños móbiles para os comensais, xeradores de enerxía e cociñas totalmente equipadas.
No nos esquecemos por suposto, do máis importante: levarvos todo o sabor da tradición. A guinda do voso evento será a calidade dos manxares máis prezados da nosa terra que teredes ocasión de degustar cun menú do máis especial: polbo á feira, tenreira galega, churrasco, carne ao caldeiro, callos, cocido ou richada atópanse entre as nosas especialidades.
Porén, poñemos a vosa disposición tamén a posibilidade de elixir un menú totalmente personalizado para o catering: algo que as nosas expertas cociñeiras encargaranse de elaborar co mellor dos resultados, elaborando os pratos sempre con produtos de primeira calidade e de preparación caseira. Na vosa mesa non faltarán tampouco os mellores viños tintos e brancos do país: Ribeiro, Albariño, Godello, Tinto Barrantes, Mencía ou Rioja, entre outros.
Para nós é fundamental que todo estea de dez o día o evento: por iso mantemos un continuo contacto cos anfitrións do evento, antes, durante e despois. O Foro Gastronómico de Santiago e o concurso do afamado San Froilán, entre outros, xa recoñeceron a nosa profesionalidade.
Solicita os servizos do noso catering en Galicia
Tes máis dúbidas sobre o noso servizo de organización de eventos e mais catering? Contacta sen compromiso con Pulpería Porta, prestamos servizos para toda Galicia e estaremos encantados de atenderte e de buscar para ti unha solución a medida das necesidades do teu evento. Xuntos conseguiremos que ese día tan especial para ti todos os detalles sexan perfectos, poidades degustar a mellor gastronomía galega e todo saia a pedir de boca.