O entroido é unha festa popular galega que, dependendo de en que localidade te atopes, festexase dun xeito ou outro. Máis en todos os lugares de Galicia ten algo en común, e é que neste festexo é tradición que se reúnan familiares e amigos para degustar un delicioso prato dalgunha das comidas máis típicas de esta comunidade autónoma.
En Pulpería Porta coñecemos estas receitas á perfección e hoxe traémoslle unha recompilación dos manxares máis saborosos do entroido para que te animes a vir a degustalos ao noso cátering.
Lacón con grelos
Un lacón con grelos ben preparado e con produto de calidade é equiparable a calquera prato que se nos antolle. Esta versión do típico cocido de galego é un prato completo e abundante ao que ninguén pode resistirse. Aínda que é unha receita laboriosa pola cantidade de ingredientes que contén, non é complexo de cociñar, simplemente tes que controlar ben os tempos de cocción de cada un deles.
Os ingredientes máis básicos para o seu cociñado son: o lacón cocido (pata dianteira do porco), chourizo, patacas e verduras, principalmente o grelo, que é o protagonista deste saboroso e nutritivo prato.
Cachucha
Queda claro que o porco é o protagonista nas comidas de estas festas. A cachucha elaborase a partir da cabeza deste animal, se cura e afuma con leña de carballo galego, para logo ser condimentada con pimentón doce e picante, sal, ourego e allo. Un prato delicioso e indispensable no entroido.
Cabrito
É moi común que no entroido se reúnan as familias e amigos para degustar unha comilona deste prato típico. O cabrito asado á galega cocíñase durante horas ao forno para que a súa carne resulte deliciosa para todos os padais.
Bica de chicharróns
Esta é unha receita perfecta para servir como aperitivo, merenda ou sobremesa, xa que mestura ingredientes doces e salgados. Os chicharróns, tamén coñecidos como rixóns, elabóranse a partir de carne de porco desgrasada e mechada que posteriormente é engadida a unha masa similar á do pan.
Goza do entroido con Pulpería Porta
Se está pensando en facer un gran festexo na súa casa ou finca pode contar con nos, xa que dispoñemos de servizo de cátering en toda Galicia. Ofrecémoslle diversos menús e buffet personalizables a cada evento e gusto, e ademáis poñemos a súa disposición carpas, mesas e cadeiras, todo tipo de menaxe como manteis, pratos e todo o necesario para completar a festa gastronómica da mellor maneira posible.
Póñase en contacto con nós e consúltenos, estamos a disposición do seu goce e padal.