Pulpería e catering profesional en toda Galicia
En Pulpería Porta Catering dispoñemos de todo o necesario para unha gran celebración. Poñemos a disposición dos nosos clientes, carpas, mesas e cadeiras, todo tipo de menaxe como manteis, pratos e todo o necesario para completar a festa gastronómica da mellor maneira posible.
Ademáis contamos cun servizo de catering que inclúe desde os membros da cociña, que prepararán a comida para ser servida, ata un equipo de camareiros con gran experiencia que se ocuparán de servir aos comensais.
Realizamos a organización integral de eventos
En Pulpería Porta Catering ofrecemos un servizo para toda clase de eventos en leiras particulares, pazos, casas rurais e calquera lugar onde se nos necesite.
Dispoñemos de carpas propias para os nosos eventos, con todo luxo de detalles, baños portátiles, xeradores de corrente e cociñas totalmente equipadas.
Ofrecemos diversos menús e buffet adaptados a cada evento. Todos os nosos menús son personalizables, por iso estamos en todo momento en contacto co cliente, para lograr así o mellor resultado posible.
Póñase en contacto con nós e consúltenos, estamos a súa disposición.
Contacte con Pulpería Porta
Está interesado nos nosos servizos? Chámenos, estaremos encantados de atendelo.