En Pulpería Porta Catering somos especialistas na elaboración de receitas de carne richada, unha exquisita carne típica da provincia de Pontevedra.
A richada é unha receita tradicional de Galicia, a súa preparación varía un pouco segundo a rexión na que nos atopemos, podemos probar a Richada en Silleda que se acompaña de patacas fritidas ou a de Forcarei con patacas cocidas e tamén a da Peroxa á que engádese pemento.
Para facer a richada é importante ter ingredientes de primeira calidade, neste caso a carne é a protagonista. Emprégase carne de tenreira, concretamente a parte da croca (cadeira) que ten unha tenrura e suculencia especiais.
Detalles para a elaboración dunha gran carne richada:
- O máis importante desta receita é empregar carne de calidade, que non ten demasiado nervio nin moita graxa.
- A parte máis empregada é a croca de tenreira galega.
- O ideal é facer a receita con dúas potas simultaneamente, unha para as patacas e os pementos e a outra para a carne.
- A richada é un prato típico da provincia de Pontevedra. No concello de Forcarei celébrase a 'Festa da Richada e da Croca' no mes de decembro.
Se queres contratar o noso servizo de catering, ponte en contacto connosco e asesorarémosche de xeito personalizado.