O verán está a piques de facer a súa entrada oficial e iso significa que se achegan as vacacións, os días de praia e piscinas, a celebración de vodas, bautizos ou comuñóns e, en xeral, tempo de lecer e esparexemento ao aire libre cos seres máis queridos.
Se hai algo que nos caracteriza aos galegos é o gusto polo bo comer. E, para maior sorte, temos unhas paisaxes alucinantes para organizar estas comidas en escenarios naturais de impresionante beleza. Ademais, a pesar do que pensa algunha xente por puro descoñecemento, o tempo case sempre acompaña en tempada estival.
Con estes ingredientes, non nos estraña que as festas en Galicia sempre sexan ao redor dunha mesa. Iso si, a organización destes eventos, especialmente cando contan cun gran número de persoas, non son sinxelos. Por iso, cada vez son máis os clientes que delegan as súas funcións nunha empresa como Pulpería Porta Catering para que fagamos todo o traballo e eles só limítense a gozar.
Queres saber como podemos axudarche? Segue lendo este artigo que preparamos para ti os profesionais que formamos parte desta empresa de cátering en A Estrada.
Servizo de catering para toda Galicia
En Pulpería Porta Catering contamos con todo o necesario para organizar a mellor festa. O noso servizo de cátering é integral. É dicir, non só dedicámonos a servir comida, senón á realización de todo o necesario para que ti e os teus pasedes a mellor das veladas. Por iso dispoñemos de carpas propias, tendas de campaña, cadeiras, mesas, todo tipo de menaxe (manteis, pratos, cubertos...), baños portátiles e mesmo xeradores de corrente.
Comidas e menús
Sendo unha empresa galega, non pode faltar na nosa carta os mellores produtos da nosa terra e mar, tendo como especialidades: polbo á feira, churrasco, (sempre de carnes do país), carne “ao caldeiro”, callos, tenreira, cachelos, richada e diferentes tipos de mariscos. Todos os nosos pratos están elaborados con produtos de primeira calidade e cunha elaboración totalmente caseira.
A esta comida acompañámola cos viños máis coñecidos de Galicia: Ribeiro, Albariño, Godello ou Mencía, entre outros viños galegos e tamén do resto de España.
Aínda que teñamos unha carta con produtos como os xa citados, adaptámonos ás necesidades dos nosos clientes. Por iso non importa que sexas vegetariano, celíaco ou alérxico a determinados produtos, en Pulpería Porta Catering elaboraremos menús personalizados para que ninguén quede fóra sen gozar da festa.
Contacta connosco
Se busca unha empresa de cátering en Galicia con moitos anos de experiencia no sector servizos e quere desfrutar dos mellores pratos feitos por profesionais da cociña, confíe en Pulpería Porta Catering. Contamos cun persoal especializado e unha longa traxectoria que nos avala.
Non dubide en chamarnos, estaremos encantados de atendelo.