Cada cociñeiro ten os seus propios trucos para que cada unha das súas elaboracións sexa única e exquisita, e nós, dende Pulpería Porta queremos compartir con vostedes os nosos segredos para conseguir que o sabor da carne richada que ofrecemos sexa inconfundible.
Como especialistas en catering e grazas á nosa experiencia percorrendo Galicia e compartindo os nosos produtos, proporcionamos a todo aquel que queira contar cos nosos servizos a mellor proposta gastronómica elaborada cos mellores ingredientes. ¿Quere saber como conseguimos o mellor sabor na carne richada? Quede a ler este artigo e tome nota!
Como preparar carne richada?
A carne richada é un prato que ten a súa orixe na zona de Forcarei, na provincia de Pontevedra, e é un dos nosos pratos estrela e un dos que máis gusta ós nosos clientes. Para elaborar este prato de forma correcta e asegurar un sabor deliciosos, o equipo que formamos Pulpería porta recomendamos empregar ingredientes de primeira calidade e frescos. Para elaborar a carne richada, precisará:
- Croca de tenreira
- Patacas
- Pemento verde e vermello
- Allo
- Pemento doce
- Pemento picante
- Cebola
- Fariña
- Viño branco
- Sal e pementa
Unha vez teñamos todos os ingredientes, haberá que pasar a elaboración. O noso consello é que se respecten os tempos de cociñado, conseguindo así que a carne quede cada compoñente do prato quede no seu punto xusto.
O primeiro paso que levamos a cabo en Pulpería Porta cando elaboramos este prato é picar en anacos a carne e engadimos a sal e a pementa. A continuación, preparamos as patacas os pementos. Os pementos han de ir cortados en tiras, ás patacas pode darlle a forma que máis lle guste.
Recuperamos a carne que xa tiñamos preparada e engadimos a fariña, asegurándonos de que queda cuberta de maneira uniforme. Agora que xa temos os ingredientes listos, pasamos a fritir as patacas e colocámolas na base do prato no que vaiamos a servir a carne richada. A continuación, facemos o mesmo cos pementos, engadíndolles sal.
En Pulpería Porta, unha vez temos a base do prato, pasamos a cociñar a carne, con mimo e coidado para conseguir que quede tenra e no seu punto. Primeiro, poñemos nunha tixola o allo picado e cociñamos xunto coa cebola picada en tiras. Unha vez estea dourada, engadimos sal e a carne. A continuación poñemos o pemento picante, pemento doce e o viño branco e cociñamos ata que se evapore o alcohol. Unha vez estea cociñada a carne, poñémola sobre a base de patacas e pementos e xa teríamos o prato finalizado.
En Pulpería Porta compartimos esta receita cos nosos consellos para que poida saborear este prato típico galego na súa casa, como si fose feito por cociñeiros profesionais. Así mesmo, se quere solicitar máis información sobre os nosos servizos ou os pratos que preparamos, non dubide en poñerse en contacto connosco.
Polbeira e catering en toda Galicia
O equipo de profesionais que formamos Pulpería Porta, animámolo a contactar connosco para coñecer toda a información relativa ós nosos servizos relativos á gastronomía.
Se quere celebrar un evento, non dubide en preguntar polas nosas tarifas. Chámenos!