Se hai algo que nos endoza a vida estes son os nosos postres. En Galicia podemos disfrutar dunha gran variedades de postres que se consagraron xa como grandes sobremeses, tanto para nós como para todos os turistas que nos visitan ano tras ano.
Queres saber cales son os postres que non te podes perder de saborear das receitas galegas? Descúbreo con Pulpería Porta Catering!
Queixo con marmelo
Un clásico sinxelo e de gran sabor. En Pulpería Porta Catering traballamos sempre con produtos de gran calidade, para que poidas degustar os pratos máis exquisitos e, sobre todo, te poidas transportar á historia da nosa gastronomía.
Larpeira
A larpeira é unha sobremesa moi típica en Galicia. Trátase dun estilo de roscón de reis que, sen embargo, se completa con crema pasteleira. Desta maneira se consegue un biscoito moi suculento e de gran dozura.
Torta de Santiago
Se existe unha sobremesa emblemática na nosa terra, esta é a torta de Santiago. Moi típica pola nosa riqueza de améndoas, este doce básase nese ingrediente a súa combinación con azucre e ovos. Unha sabor única y á que te volverás adict@.
Torta de Mondoñedo
A torta de Mondoñedo caracterízase pola súa base de masa de follado e de cabelo de anxo. Sobre esta, leva un biscoito borracho, sobre o cal vai una capa de améndoas trituradas. Un punto moi característico desta sobremesa é o adornado de froitas xeadas que se lle pon ao final, tras o seu cocinado.
Melindres
Ps melindres son outro dos doces por excelencia de Galicia, que se producen especialmente na localidade de Melide. Trátasen de rosquillas moi pequenas que van cubertas dun exquisito glaseado con almíbar, o cal acrecenta ese sabor sumamente doce que se converte na súa marca de identidade.
Filloas
Aínda que se pensa que é só para o entroido, as filloas son un doce que se pode ver ao longo do ano en moitas sobremesas galegas. Finas láminas de base de ovo que poden acompañarse de outros doces exquisitos, como o chocolate, para una combinación maravillosa.
Bica
¡No podemos olvidarnos desta sobremesa tan icónica! A bica galega é o biscoito máis popular da nosa terra. Ten como orixe a zona de Terra de Trives, Ourense, onde ten lugar a Festa da Bica, celebrada o último domingo de xullo. Ten unha base de manteiga e nada, os pilares da súa preparación e grazas aos cales se consegue ese sabor tan característico.
Saborea as mellores sobremesas galegas con Pulpería Porta Catering
Contacta agora connosco e dalle o mellor sabor ás túas comidas. Estamos a túa disposición!