Unha boa comida non está completa se non se goza dunha boa sobremesa. En Galicia as sobremesas poden estenderse moito e non é para menos, xa que gozamos dunha gastronomía que convida a quedarse un pouquiño máis.
Degusta as mellores sobremesas en Pulpería Porta
En Pulpería Porta levamos dende 1995 traballando para que sempre goces do mellor servizo de comidas e iso implica, por suposto, as sobremesas. Queres saber cales son as máis típicas? Segue lendo para sabelo!
Torta de Santiago
A sobremesa que, por excelencia, máis se pide tanto por xente que vive aquí como todas esas persoas que nos visitan diariamente é a torta de Santiago. É una torta feita con améndoas mesturado con azucre e ovos facendo que sempre queiras repetir.
Filloas
A filloa é una comida que se pode desfrutar durante todo o ano sendo outro doce que nos encanta degustar despois dun bo enchente. Consta de finas láminas feitas cunha base de ovo e a cal se pode combinar co que queiras tanto doce ou salgado aínda que, se es dos tradicionais, quizais as prefiras soas en todo o seu esplendor.
Queixo con marmelo
Un clásico é que gusta a case todo o mundo. O queixo pode ser de distintas procedencias e de distintos tipos. En Galicia contamos cunha materia prima inmellorable, por iso en Pulpería Porta traballamos cos mellores queixos para que degustes os que máis exquisitos.
Café de pota
E para rematar, un bo café de pota, feito na casa e disposto para os amantes desta bebida fiel á sobremesa. Por suposto, en Pulpería Porta ofrecemos o mellor café de pota para que remates cun marabilloso sabor de boca.
Sempre hai sitio para un licor
Se pensabas que o café era o último, estás de sorte. Como dixemos ao principio do artigo, as sobremesas poden estenderse moito e iso é grazas a que temos moitos produtos que degustar. Un bo chupito de licor de herbas, de auga ardente ou de licor café son as estrelas de todas as comidas dando un remate satisfactorio a todos os comensais.
Adaptámonos a todos os teus eventos
En Pulpería Porta Catering somos expertos en ofrecer produtos de calidade procurando innovar e superarnos en cada servizo. Adaptámonos a multitude de eventos como festas, romarías, celebracións e, especialmente, nos catering a domicilio; desprazámonos por toda Galicia, poñendo á disposición dos nosos clientes a mellor carne, polbo, marisco, peixe e viño do país e, por suposto, as mellores sobremesas.
A nosa ampla experiencia no sector ofrece a confianza que o cliente necesita para contar con nós. Queres desfrutar da verdadeira gastronomía galega de comezo a fin? Conta con nós para o teu próximo evento, ¡esperámoste!