Contar cun servizo de pulpeiro nunha festa ou romaría é sempre un gran acerto cando estamos a falar dun evento celebrado nas nosas terras galegas. En Pulpería Porta Cátering levamos xa algún tempo ofrecendo os nosos servizos de polbeira ambulante para establecer un posto en todo tipo de eventos, xa sexan particulares ou de comunidades de veciños ou contratación para eventos organizados polos servizos municipais.
Todo tipo de eventos
Calquera escusa é boa para contratar os nosos servizos. Dá igual que esteamos a falar dunha romaría de polbo, dunha feira gastronómica de barrio ou dunha voda. Nós sabemos adaptarnos ás circunstancias e ao lugar para ofrecer un servizo profesional e totalmente a medida para que ninguén quede sen probar un dos pratos estrela da gastronomía galega.
Pero Pulpería Porta Cátering é moito máis que o servizo de pulpeiro. Nós desprazámonos a calquera evento ou romaría da xeografía galega e ofrecémoslle, ademais da nosa especialidade, o polbo da nosa ría que dá nome ao noso negocio, o máis completo cátering en repertorio de tapas, licores e viños da nosa terra. Comida e bebida autóctona e de calidade que satisfai a calquera padal.
Estamos preparados para traballar en calquera circunstancia, independentemente do número de comensais. Contamos co máis completo e preparado equipo de cociña industrial para ofrecer sempre preparacións da mellor cociña galega, adaptando as cantidades e os tempos ao tipo de evento para o que fomos contratados.
Experiencia en grandes eventos
Pero se algo podemos destacar en Pulpería Porta Cátering é a nosa capacidade de adaptación para as necesidades dos nosos clientes. Levamos anos ofrecendo os nosos servizos e de cada un deles sacamos novas ideas, novos ensinos e un grao maior de experiencia.
Co paso dos anos acumulamos servizos e presenza en eventos de gran tamaño que nos ensinaron a ir aprendendo a cociñar e preparar as nosas especialidades de polbo axustándonos ben as cantidades e sempre baseándonos nun principio de calidade que para nós é incuestionable. Dá igual que esteamos a cociñar nun pequeno evento como unha voda para uns cen convidados como nunha romaría ou gran evento que espera acoller a miles de persoas nunha fin de semana. O noso equipo de cociña está máis que preparado dar un produto de calidade e contar sempre con materias primas de primeira orde.
Os nosos servizos de cátering para grandes eventos aúna profesionalidade, versatilidade, calidade e experiencia para que todo o mundo quede contento co noso traballo. Non só os nosos clientes ou as persoas que apostaron por nós como servizo de cociña, tamén as persoas ás que servimos os nosos pratos. A nosa misión é seducir a través do padal e tamén pola nosa capacidade de traballo.
Se está en proceso de organización dun pequeno ou gran evento para o que precisa dos servizos dunha polbeira, non dubide en contactarnos e en Pulpería Porta Cátering brindarémoslle o mellor servizo posible.