Variada, insólita e deliciosa. Así é a gastronomía galega e por iso os seus segredos esténdense a miúdo moito máis alá das nosas fronteiras. E se hai un produto típico de Galicia afamado son as empanadas: cunha gama de sabores doces e salgados que merecen un capítulo aparte.
Crémolo así en Pulpería Porta, o teu catering a domicilio en Galicia, onde non podíamos menos que dedicarlle un espazo a este manxar galego que non falta en ningún xuntoiro de xeración en xeración. As empanadas tradicionais galegas conservan todo o sabor do noso, ao tempo que foron quen de adaptarse aos novos tempos e incorporar algunhas sorprendentes propostas. Ficade atentos se queredes descubrilas: con esta guía que fixemos para vós coñeceredes todo o que vos pode ofrecer este manxar ao que a ver quen é capaz de dicirlle que non. Comezamos!
Empanada de berberechos
Se podemos presumir de algo en Galicia é da calidade do noso marisco e do noso peixe, que non pode tampouco faltar na empanada. A empanada de berberechos é un delicioso clásico que, na comarca do Barbanza, fan incluso coa cuncha incluída para que os berberechos empapen ben a masa, que adquirirá un sabor único. Iso si: se probades esta empanada tede paciencia e moito ollo con tragar algunha cuncha
Empanada de raia
Quizás non sexa a máis coñecida en Galicia, pero é típica dalgunhas rexións coma Cedeira e, dende logo, deliciosa: a empanada de raia nesta zona soe facerse aberta, de xeito tal que os comensais poden ver, un a un, todos os ingredientes que contén.
A bóla de nata
Quen dixo que as empanadas tiñan que ser só salgadas? As bólas de nata da zona da Capela inclúenas na sobremesa. Unha opción que triunfa en todos os padais!
Empanada de chocos
Imos as Rías Baixas para dar un bocado exquisito: empanada de chocos guisados, se ben nesta zona, a grande variedade de peixe e marisco, fai que esta tradicional empanada conviva con moitas outras receitas.
Empanada de millo
Pechamos a nosa selección de empanadas galegas cunha que non podería faltar, deténdonos neste caso máis no continente ca no contido: a empanada de millo, da cal o que nos seduce é precisamente a súa masa. Fronte ás demais empanadas, habitualmente feitas de trigo, esta empanada de fariña de millo acompaña de xeito espectacular calquera recheo, se ben as xoubas son unha das máis afamadas.
Queres degustar auténticos manxares galego no teu próximo evento? Contacta con Pulpería Porta e dinos que necesitas. Somos o teu catering de produtos de Galicia a domicilio: esteas onde esteas encargámonos de facerte chegar todo o sabor da tradición. Chámanos!