O verán xa está a apenas un mes da súa chegada e cando os días son máis longos e o clima permíteo en Galicia empezan a aflorar as festas. Festas patronais ou organizacións privadas de eventos para os que pode contar coa colaboración de Pulpería Porta no que se refire á comida.
Contamos cun servizo de catering profesional pensado para dar o mellor servizo aos nosos clientes, que poden escoller entre unha ampla variedade de pratos para servir aos seus invitados.
Organización integral de eventos
A vantaxe que ten contratar os servizos de catering de Pulpería Porta é que pode deixar todo nas nosas mans. E é que a nosa empresa pódese encargar da organización integral de calquera evento ademais do relativo á elaboración e o servizo de comidas.
En Pulpería Porta contamos con carpas propias para albergas calquera evento e encargámonos de levar tamén xeradores de corrente e baños portátiles por se fixesen falta para acoller un evento nun espazo aberto ao aire libre.
As nosas cociñas están completamente equipadas como para ofrecer o servizo en calquera lugar que vostede elixa.
Por suposto, o cliente sempre ten a última palabra, e él decidirá como quere que sexa a disposición de todo o que levemos ao evento, así como a o menú das comidas para servir. Todos os nosos menús son personalizables para dotar de calidade e variedade ao seu evento.
Comidas para todos os gustos
Tan só ten que botar unha ollada á nosa carta de comidas para darse conta da gran variedade de produtos que poñemos á súa disposición.
Partindo da base de que traballamos produto local e de calidade superior, a personalización do menú está fóra de toda dúbida. Desde os entrantes aos pratos principais ou as sobremesas, vostede poderá elixir todas e cada unha das elaboracións para facer da súa festa algo especial.
Iso sí, en Pulpería Porta non podemos deixar de recomendar as nosas grandes especialidades, empezando polo polbo da ría que dá nome ao noso negocio e que elaboramos tanto como prato único con servizo de polbeira para eventos como en grandes servizos de catering con máis elaboracións a elixir. O polbo servímolo tamén con cachelos para aqueles que queiran algo para acompañar o prato.
Os nosos asados tamén son parte dos produtos máis escollidos por os nosos clientes: Costela de tenreira ao espeto ou churrasco son pratos de tradición galega que nunca desgustan.
Non podemos deixar sen mencionar tampouco outras especialidades marca da casa como a nosa Carne ao caldeiro, os callos ou a carne richada que tantas veces tivo éxito noutros eventos e festas dos que formamos parte no pasado.
Se está a organizar para este verán un evento como un cumpreanos multitudinario, unha voda ou un aniversario e busca a un equipo profesional de catering que se encargue de todo, conte con Pulpería Porta para todo. Nós ofrecemos o noso servizo de catering profesional en toda Galicia.