A celebración de grandes eventos como vodas, bautizos, comuñóns ou ceas de empresa, entre outros, conleva un enorme esforzo para a súa correcta organización. Estamos a falar de que se necesita coordinar profesionais de distinta natureza para que todo funcione como tiñamos previsto.
Por iso, para facilitar estas tarefas, existen empresas de catering, especializadas en prover unha determinada cantidade de comida e bebida en festas, eventos e presentacións de todo tipo. Unha desas empresas de referencia en Galicia é Pulpería Porta Catering. Queres saber que incluimos nos nosos servizos? Segue lendo este artigo.
Que incluímos no noso servizo de catering?
En Pulpería Porta Catering contamos con todo o necesario para unha gran celebración. Poñemos a disposición dos nosos clientes mobiliario de todo tipo, dende carpas para a protección contra a exposición solar ou a choiva e o vento, ata mesas e cadeiras para sentarse e gozar coa calidade e explosión de sabor dos nosos pratos. Por suposto, tamén incluímos todo tipo de menaxe como manteis, pratos e todo o necesario para completar a festa gastronómica do mellor modo posible.
Así mesmo, na nosa empresa de A Estrada ofrecemos unha organización integral de eventos, isto quere dicir que ademais de servizo de comida, tamén disponemos de camareiros profesionais que se ocuparán de servir aos comensais, baños portátiles, xeradores de corrente e cociñas totalmente equipadas.
Menús personalizables
Dentro dos nosos servizos de catering dispoñemos dun amplo equipo de cociñeiros profesionais de gran calidade, que prepararán a comida cas mellores materias primas de Galicia. Na nosa sección de comidas pode ver algúns dos pratos máis típicos da gastronomía galega como especialidades propias da casa: Polbo da ría, costela de tenreira “ó espeto”, churrasco, carne “ó caldeiro”, callos, cachelos, richada… e sobremesas exquisitas que farán as delicias dos máis golosos.
E se non che convence a nosa carta, non te preocupes, porque ofrecemos a posibilidade de realizar menús totalmente personalizables. Podemos elaborar pratos vexetarianos ou sen gluten para aquelas persoas que así o desexen. Con Pulpería Porta Catering ninguén se vai a quedar sen comer.
Contacta connosco
En Pulpería Porta Catering levamos máis de 20 anos organizando eventos en toda Galicia, tanto para particulares ou empresas como para o sector público, como festas ou romarías.
Se busca contratar un servizo de catering profesional para a perfecta organización de calquera evento, confíe en nós. O noso persoal conta cunha ampla e impoluta traxectoria no sector para que non te teñas que preocupar por nada.
Non dubide en poñerse en contacto con nós e pídanos presuposto sen compromiso para facer do seu evento algo único.