Icono de teléfono
659 908 745

Contacte con nós

Pratos máis típicos do Nadal galego

Publicado: 13 de decembro de 2022, 17:36
  1. Catering
Pratos máis típicos do Nadal galego

En Galicia, xa se sabe, todas as festas que xiran a carón da gastronomía son sagradas. E por suposto que o Nadal non ía ser una excepción: unha festividade que en terras galegas ten o seu propio sabor. Dende Pulpería Porta Catering queremos renderlle homenaxe a unha das épocas máis entrañables do ano facendo un repaso deses pratos únicos, protagonistas indiscutible da nosa mesa, que non deben faltar nestas datas tan sinaladas.

 

O marisco

Por suposto, non falaríamos dun Nadal galego sen ter en conta o noso marisco de primeira calidade. Un dos alimentos máis representativos da nosa gastronomía é tamén un dos máis desexados nas celebración de Noiteboa, Nadal ou Aninovo. Os percebes, as gambas, as ameixas, os mexillóns, as navallas, os berberechos... A variedade está servida e o padal, claro, contento.

O marisco soe ser o entrante estrela nestas datas sinaladas, con preparacións de todo tipo: gambas á cazola, ameixas en salsa verde, gambas á prancha, vieiras recheas... De feito, unha das cuestións máis características da maneira de degustar o marisco en Galicia é facelo en toda a súa variedade, tanto de tipos de mariscos como tipos de receitas que admiten todos estes produtos. 

 

Carnes

Unha boa carne ao forno serve sempre coma un contundente prato principal, delicioso e moi apropiado para ser o centro do menú de Noiteboa.

O capón é unha das máis demandadas, se falamos de pratos que teñan a carne coma protagonista. Dende Pulpería Porta, para un trunfo asegurado, recomendamos preparar o capón recheo, cun riquísimo acompañamento de castañas asadas.

Por suposto que unha boa tenreira galega non podía estar ausente nunha magnífica selección de carnes para unha data tan especial coma o Nadal. Guisada en viño tinto é quizais unha das receitas máis saborosas para degustar este manxar da terra.

 

Peixes

Para os amantes do peixe antes que da carne, os pratos da gastronomía clásica galega teñen tamén aquí moito que achegar e, ademais, combinarán de marabilla coma primeiro prato despois duns entrantes a base de marisco. Aquí, a pescada, raíña de todos os peixes, é sen dúbida o prato estrela. Se ben é certo tamén que moitas familias galegas elixen nestas datas o característico sabor do bacallau. Con repolo, á prancha, con coliflor cocida, con cachelos... Todas as variedades son estupendas para este esencial de Nadal. 

 

Precisas de máis inspiración para conseguir un menú perfecto para este Nadal? Sodes moitos a cear e buscar unha selección que estea á altura destas datas sinaladas? Contacta con servizo de catering a domicilio que che ofrecemos a toda Galicia dende Pulpería Porta. Encargámonos de facervos chegar a casa todo o sabor da nosa tradición. Agardámosvos.

Noticias relacionadas

Como facemos o polbo en Pulpería Porta? 20 Nov

Como facemos o polbo en Pulpería Porta?

Onte Catering
O polbo á galega é máis que un simple prato, é unha tradición que conecta xeracións e coa que celebramos a esencia de Galicia. En Polbeira Porta, polbería especializada en grandes cáterings na Estrada, nos enorgullece seguir o método tradicional para a elaboración deste manxar, respectando os
Comida galega para todo tipo de eventos! 21 Out

Comida galega para todo tipo de eventos!

21/10/2024 Catering
Desde que iniciamos a nosa traxectoria profesional en 1995, Polbeira Porta Cátering foi sinónimo de sabor, tradición e calidade en Galicia. A nosa paixón pola boa cociña levounos a percorrer cada municipio da nosa preciosa rexión, levando a alegría e o bo comer a cada recuncho. Na nosa empresa de
Catering profesional para empresas con Pulpería Porta 16 Set

Catering profesional para empresas con Pulpería Porta

16/09/2024 Catering
Tes na túa axenda a organización dun evento empresarial en Galicia? Pois non fai falta que o digamos, pero aí imos: lembra que a calidade e a atención ao detalle son primordiais. E para que ambas as cousas estean á altura das expectativas, desde Pulpería Porta na Estrada poñémonos á túa disposición
Callos caseiros? En Pulpería Porta é posible 3 Xul

Callos caseiros? En Pulpería Porta é posible

03/07/2024 Catering
Cando se trata de organizar un evento especial, cada detalle conta. A elección do cátering é unha das decisións máis importantes, e se estás a buscar unha opción auténtica e deliciosa en Galicia, en Pulpería Porta Cátering somos a túa resposta. Cunha ampla experiencia en ofrecer servizos de

Contacte con Pulpería Porta

Está interesado nos nosos servizos? Chámenos, estaremos encantados de atendelo.