Icono de teléfono
659 908 745

Contacte con nós

O cocido galego: prato principal no inverno

Publicado: 26 de outubro de 2022, 09:59
  1. Cocido galego
O cocido galego: prato principal no inverno

especial que diferenza este manxar doutras modalidades no resto de países.

E é que o sabor do cocido tradicional galego é xa toda unha institución coa que moitos comensais, ano tras ano durante o inverno e en particular no entroido, renden homenaxe ás delicias de Galicia.

En Pulpería Porta, o teu catering a domicilio para toda Galicia somos abandeirados deste sabor do noso: famosos pola nosa preparación do cocido tradicional galego, servímolo para calquera recuncho de Galicia a domicilio. Descubre todos os segredos que se agochan tras este prato único.

En que consiste o cocido galego

Cocido galego ou cocido de entroido, no hai padal que se resista a esta preparación que enche calquera acontecemento gastronómico.

A receita tradicional no cocido ten, por suposto, á carne coma protagonista. O porco é o animal que máis se atopa neste prato, se ben a vaca tamén pode formar parte. Unha das cuestións que máis populares fan este prato delicioso é a súa coidada combinación de ingredientes en perfecto equilibrio: as verduras coma os grelos, as nabizas, a verzas ou o repolo, legumes coma os garavanzos, patacas cocidas, e, por suposto, todas as partes do porco que lle dan ese inconfundible sabor: o lacón, a orella, a cachucha, a costela, a lingua, o fociño e máis o rabo. Todo se aproveita no cocido e, en moitas ocasión, engádeselle tamén carne de tenreira galega da mellor calidade. En versións menos comúns, o cocido galego conta tamén coa presenza da galiña ou do polo.

Se hai un lugar coñecido polo seu riquísimo cocido é Lalín, onde se celebra, o domingo anterior a entroido, a tradicional feira do cocido. Porén, podemos considerar que o cocido galego é xa un emblema de toda Galicia que a miúdo degustamos e gozamos nos meses máis fríos do ano, momento no que un bo cocido resulta especialmente reconfortante.

Equilibrado en sabores, rico en valor nutricional e, sobre todo, delicioso para todos os padais, non hai festa que se lle resista a un bo cocido. Prato protagonista de todo xuntoiro. Se ti tamén queres degustar este manxar único en Galicia con ingredientes de primeira calidade e mais cunha preparación por parte das mellores cociñeiras tradicionais, conta con Pulpería Porta

Achegamos a nosa receita única de cocido galego a todos os recunchos da xeografía galega para que a celebración dese evento que tes en mente sexa todo un éxito. Contacta connosco sen ningún tipo de compromiso e pide o teu presuposto. Elaboramos menús completos á medida das vosas necesidades, para que o día da degustación todo estea, e nunca mellor dito, a pedir de boca. 

Noticias relacionadas

 Menús a medida para todo tipo de celebracións 18 Mar

Menús a medida para todo tipo de celebracións

18/03/2025 Catering
Cada celebración é única, e en Pulpería Porta, o teu servizo de cátering de referencia en Galicia, sabémolo por propia experiencia. Por este motivo, se estás a organizar un evento e buscas un servizo de cátering a medida, estamos á túa disposición para ofrecerche solucións personalizadas, cos
 Ten un evento? Nós encargámonos de todo 7 Mar

Ten un evento? Nós encargámonos de todo

07/03/2025 Eventos
Está a organizar un evento especial en Galicia e non sabe por onde empezar? Desexa que cada detalle quede perfecto e que os seus invitados váianse cun magnífico sabor de boca? Non se preocupe máis! En Pulpería Porta Cátering dedicámonos a facer que os seus eventos sexan inesquecibles, sen que
 Como facer polbo á galega en casa de maneira fácil e rápida 20 Feb

Como facer polbo á galega en casa de maneira fácil e rápida

20/02/2025 Receitas
Quen non gozou dun bo prato de polbo á galega e pensou: "Oxalá puidese facelo en casa"? Pois hai algo que deberías saber e que che contamos neste artigo! Chegou o momento de que saibas que non é necesario ser un chef profesional nin dispoñer de ferramentas complicadas para preparalo. Cuns poucos
Polbo de calidade ao alcance de todos 6 Feb

Polbo de calidade ao alcance de todos

06/02/2025 Pulpería
En Pulpería Porta Cátering levamos trinta anos percorrendo toda Galicia para levar o auténtico sabor da nosa terra a cada recuncho. A nosa paixón pola boa comida, e en especial polo polbo, levounos a converternos nunha empresa de cátering de referencia en toda a comunidade. Neste artigo imos falar

Contacte con Pulpería Porta

Está interesado nos nosos servizos? Chámenos, estaremos encantados de atendelo.