Acábase o verán, pero non damos por finalizada a tempada de celebración de eventos e festas. Setembro chega con máis forza que nunca e en Pulpería Porta estamos máis que preparados para ofrecer o noso servizo de cátering para festas e eventos.
O noso equipo está formado por profesionais con moitos anos de experiencia tanto na organización de eventos como en servizos de catering en Galicia.
¡Un servizo integral que vai dende os cociñeiros ata os camareiros, para que non necesites preocuparte por nada!
¿Que podemos ofrecer no servizo de cátering de Pulpería Porta?
Contamos con todo o necesario para levar a cabo unha gran celebración. Elaboramos os máis famosos e típicos pratos da nosa gastronomía:
- Polbo á feira
- Callos
- Cachelos
- Churrasco
- Carne ó caldeiro
- Richada
- Costela de tenreira Ó Espeto
Traballamos sempre con alimentos da mellor calidade e con produto local para conseguir satisfacer sempre as necesidades dos nosos clientes.
O servizo que ofrecemos é totalmente personalizado. Diversos menús e buffets adaptados a cada un dos eventos. Poderá personalizar dende os entrantes ata a sobremesa, pasando polos pratos principais.
Ademais, dispoñemos tamén da infraestrutura necesaria para a organización de cada catering ou evento: carpas, baños portátiles, xeradores de electricidade e ata cociñas completamente equipadas.
Desta forma, os nosos clientes solo deberán contarnos as súas ideas para a realización do evento e será o noso equipo quen lles brindará a oportunidade de elixir entre as diferentes opcións que lles ofrecemos. Podemos ofrecer dende un pequeno catering ata a organización integral dun evento.
¿Por que contratar o servizo de catering con Pulpería Porta?
Podemos movernos a calquera lugar. Estamos capacitados para realizar calquera tipo de catering en calquera lugar.
- Ampla oferta gastronómica. Ofrecemos todo tipo de menús a gusto do consumidor.
- Equipo de profesionais. A experiencia coa que conta o noso equipo fará que poidamos ofrecer calquera servizo requirido polos nosos clientes.
- Contamos con gran variedade de ofertas en función do diñeiro que se queira gastar.
- Dispomos da infraestrutura necesaria para organizar todo tipo de eventos.
Deixa nas nosas mans a organización do teu evento
Grazas aos máis de 25 anos que levamos no organizando eventos, estamos totalmente capacitados para ofrecer os nosos clientes un servizo personalizado de organización do seu evento. En función das súas preferencias e requirimentos, o noso equipo traballará para satisfacer as súas necesidades e facer do seu evento un día inigualable.
Contáctanos se necesitas un servizo de catering ou organización dun evento en calquera punto de Galicia.