O polbo a feira é considerado a nivel nacional como un dos mellores pratos da gastronomía galega, e non é para menos. Como galegos e expertos na preparación de polbo, en Pulpería Porta Catering sabemos que incluír este prato en calquera celebración ou evento é unha boa forma de contentar aos convidados.
En Pulpería Porta Catering levamos moitos anos ofrecendo o noso servizo de pulpeiro aos nosos clientes. A nosa ampla experiencia garante a calidade do noso prato estrela, o polbo a feira, así como do resto de comidas galegas que elaboramos no noso servizo de catering.
Para que tipo de eventos pódese contratar o servizo de pulpeiro de Pulpería Porta Catering?
En Pulpería Porta Catering estamos afeitos a ofrecer os nosos servizos en todo tipo de evento ou festa gastronómica en Galicia. Acudimos a calquera celebración, xa sexa particular ou pública.
Romarías
Neste tipo de festa, é habitual que os habitantes dun pobo ou parroquia se reúnan para festexar algún santo local, polo que é un lugar perfecto para degustar un bo polbo a feira como o que facemos en Pulpería Porta Catering entre todos os veciños.
En todos estes anos de experiencia, estivemos nun sen fin de romarías por toda Galicia contratados por comunidades de veciños ou comisións de festas.
Bodas e banquetes
En Pulpería Porta Catering ofrecémoslles aos nosos clientes a posibilidade de degustar do noso servizo de pulpeiro nos seus eventos particulares como vodas, xuntanzas de empresa ou celebracións especiais. Ademais, contamos cun excelente servizo de catering polo que non terá que preocuparse por nada.
Dispoñemos de diversos menús e buffet adaptados a cada evento e cliente, polo que son totalmente adaptables. Tamén contamos con carpas propias, baños portátiles, xeradores de corrente e cociñas totalmente equipadas para ofrecer sempre o mellor servizo.
Eventos municipais
Ao longo do ano, é común que os concellos celebren todo tipo de eventos, tanto culturais como gastronómicos, para que desfruten os seus veciños. En Pulpería Porta Catering levamos anos acudindo a estas feiras por toda Galicia ofrecendo o noso servizo de pulpeiro. Somos expertos en catering para grandes eventos polo que estanos afeitos a atender a grandes cantidades de xente sen perder a profesionalidade e calidade dos nosos servizos.
Confía na experiencia de Pulpería Porta Catering
Tanto se o que quere é sorprender os seus invitados cun catering 100% galego, como se o que busca é un servizo de pulpeiro para una celebración na súa comunidade, Pulpería Porta Catering é a súa mellor opción.
Levamos percorrendo feiras, romarías, festas… por toda Galicia dende o ano 1995. Estes máis de 25 anos de experiencia fan que poidamos ofrecerlle aos nosos clientes un servizo completo para os seus eventos. Contamos con carpas propias, cociñas totalmente equipas, xeradores de corrente… ademais dun excelente servizo de catering, para que non teña que preocuparse por nada máis que desfrutar dunha boa comida.
Non o dubide e conte con Pulpería Porta Catering para calquera tipo de celebración que organice.