Aos poucos os eventos e as celebracións volven converterse en eventos frecuentes. O certo é que despois de pasar unha gran tempada afastados dos nosos seres queridos e sen poder celebrar os acontecementos importantes, chega o momento de poder brindar cos nosos por cada pequeno detalle.
En Pulpería Porta Cátering somos expertos na organización de eventos en Galicia e poñemos ao dispor dos nosos clientes a posibilidade de preocuparse tan só por gozar cos seus seres queridos, para poder celebrar calquera acontecemento que desexen.
Calquera momento é bo para celebrar
É habitual que celebremos acontecementos importantes como unha voda, unha comuñón, un bautizo, un aniversario, ceas de empresa, comidas familiares… Pero non sempre é necesario buscar un gran motivo para celebrar, senón que todo momento é bo para gozar dunha boa comida e a compañía dos nosos seres queridos.
En Pulpería Porta Cátering poñémoscho fácil; connosco poderás gozar do incomparable sabor da gastronomía galega xunto coa tranquilidade de non ter que preocuparte por nada máis, pois o noso equipo de profesionais na hostalería encárgase de coidar cada detalle para que os nosos clientes e os seus invitados atópense cómodos e a gusto en todo momento.
Que ofrecemos en Pulpería Porta Cátering?
O sabor de Galicia no teu prato
Ofrecemos unha gran variedade de posibilidades culinarias, todas elas elaboradas con ingredientes de primeira calidade que aseguran o exquisito sabor de cada prato. O “polbo á feira”, os callos, richada ou o churrasco son algúns dos pratos máis tradicionais e á vez máis apreciados da gastronomía galega. A nosa experiencia nos fogóns fai que cada bocado sexa un pracer para o paladar!
Servizo de cátering integral
En Pulpería Porta Cátering dispoñemos de todos os elementos necesarios para ofrecer un servizo de cátering completo. Cadeiras, mesas, manteis, vaixelas, complementos… Así como tamén contamos con cociñas propias totalmente equipadas para elaborar os nosos mellores pratos.
Ofrecemos unha gran variedade de menús personalizables e bufete para que poidas satisfacer o padal de todos os invitados ao teu evento.
Goza do reencontro, goza con Pulpería Porta Cátering!
Queres saber canto custa un servizo de cátering en Galicia? Tes dúbidas sobre a nosa forma de traballo? Queres saber máis sobre os nosos menús? Contacta connosco!