En Pulpería Porta Catering non paramos durante a tempada estival. Hai moitas festas, feiras e eventos aos que acudimos durante os meses de verán para cociñar as nosas especialidades, entre as que se atopa unha que ten o polbo como ingrediente principal e que cada vez ten máis demanda, o polbo á prancha.
Esta sinxela receita ten un sabor exquisito, xa que as especias coas que adobamos o polbo proporcionan ao prato unha mestura de sabores que conquista calquera padal.
Aínda que a receita do polbo á prancha é moi sinxela, hai que seguir algúns pequenos consellos para que estea sempre ben dourado e tenro.
- Lembrade que esta receita prepárase co polbo xa cocido. Podes mercalo cocido ou facelo na casa seguindo estes consellos para cociñar ben o polbo.
- Non queremos que o polbo perda auga (e por tanto suculentidade) polo que temos que cociñar pouco tempo e a lume forte.
- É importante que o polbo non solte auga na parrilla para que non se cocine e endureza, polo que hai que secar ben as patas con papel de cociña.
- Non retire a pel porque actúa como unha barreira contra esa perda de humidade.
¿Está disposto a cociñar este delicioso prato de polbo?
Lembra que se prefires sentarte á mesa e probalo, podes poñerte en contacto connosco e farémolo coa nosa receita especial.
¡Agardarémoste!