Un dos pratos estrela da nosa terra merece o meco e a atención necesarias para que quede espectacular. Falamos, como non, do cocido galego, un clásico da nosa gastronomía non exento de segredos no que se refire á súa preparación.
Porén, dende Pulpería Porta Cátering, con servicio en toda Galicia, estamos dispostos a compartir convosco un dos nosos segredos mellor gardados: como debe ser a preparación do cocido galego para que o resultado sexa perfecto.
O cocido galego paso a paso
Para conseguir que o cocido quede sempre no seu punto é necesario respectar todos os pasos da receita tradicional. Como é lóxico, o primeiro que debemos facer é asegurarnos de que temos connosco todos os ingredientes necesarios (falda de tenreira, touciño conxelado, lacón, chourizos, costela, orella de porco, carne de polo, patacas, verduras e chícharos) e que a carne tivera tempo de desalar por completo.
Para conseguir con éxito este paso e facer que o porco perda o exceso de sal antes de comezar a cociñar, o que debemos facer é poñelo sempre en auga, como mínimo, 24 horas antes de que empecemos a cociñalo. Cambiamos a auga unha vez que transcorren as primeiras 12 horas.
Case igual de importante que os ingredientes e as materias primas de calidade coas que vaiamos elaborar a receita, son tamén as ferramentas que vaiamos empregar, as cales debemos reunir e revisar previamente.
Por suposto, un punto fundamental de camiño ao éxito na receita vai ser sempre respectar os tempos de cocción dos ingredientes do noso guiso, algo fundamental para conseguir que a textura final sexa deliciosa, tal e como buscamos.
A materia prima sempre galega
Ata o momento, debemos ter en conta: os ingredientes adecuados e optar sempre por materias primas con denominación de orixe galega e de alta calidade, poñer a carne de porco en auga con 24 horas de antelación mínima para facer que perda o exceso de sal antes da cocción, contar co instrumental adecuado (en particular con potas apropiadas para facer o cocido) e prestar moita atención aos tempos de cocción.
Con todo isto en conta, xa estamos en condicións de preparar unha deliciosa receita de cocido galego, como o que atopará en Pulpería Porta, o teu servizo de cátering a domicilio en toda Galicia. Traballamos cada día cos mellores produtos da nosa terra para ser quen de brindarvos na vosa mesa todo o sabor da nosa tradición. Confiando en nosoutros e no noso servizo de cátering a domilicio, podedes estar totalmente seguros de que toda celebración vai ser un éxito. Non dubides en consultar connosco e pedir, sen ningún tipo de compromiso, o teu presuposto. Agardámoste.