Icono de teléfono
659 908 745

Contacte con nós

Como facer a masa de empanada de millo?

Publicado: 24 de xaneiro de 2023, 12:46
  1. Receitas
Como facer a masa de empanada de millo?

Dende Pulpería Porta, o teu catering a domicilio en Galicia, hoxe desvelamos un dos segredos mellor gardados das empanadas máis ricas do pais: a masa da empanada de millo. Aprende a facela paso a paso.

 

Consegue a empanada de millo perfecta

Primeiro debes reunir estes ingredientes: 250 g. de fariña de millo, 50 g, fariña de forza de trigo, 5 culleradas de aceite do compango ou recheo da propia empanada, 300 ml de auga, media cullerada de sal e levadura.  

Imos logo coa elaboración desa masa tan característica das empanadas das rías baixas: sinxela pero saborosísima e que acompaña de marabilla ao polbo, ás zamburiñas, ás xoubas ou ás sardiñas.

Nun recipiente mesturamos a fariña de dous tipos e as 4 culleradas de fariña de trigo para facer que a masa engorde aos poucos. No centro do recipiente imos facer un oco cunha culler para botar a levadura disolta na auga do polbo. Batemos a continuación cunha culler de madeira dende o centro cara fóra e imos, pouco a pouco, mesturando coa fariña. Engadimos o aceite do sofrito e mais a sal. Continuamos removendo ata que se comeza a configurar a masa, unha mestura pegañenta que vai adquirindo firmeza. 

Reservamos unha zona da cociña para amasar e alí enchemos a superficie coa fariña de trigo sobrante, sacamos a masa do recipiente e comezamos a traballala coas mans. Pouco a pouco, manipulamos a masa, como se fosa unha pasta rugosa e fibrosa que se desfai na man, e imos tornando todo nunha gran bóla. Collemos o recipiente, enfariñámolo e introducimos a bóla nel. Agora queda tapar cun trapo de algodón durante 45 minutos e deixar repousar a masa.

E listo! Xa a temos perfecta para poder comezar a preparar a nosa empanada favorita. E quen se resiste ao delicioso sabor dunha boa empanada de millo?

 

Encarga o teu catering a domicilio en calquera punto de Galicia

En Pulpería Porta Catering comezamos a nosa andaina no ano 1995 e dende entón non paramos de levar todo o sabor da nosa tradición ás romarías, celebracións e festas de toda Galicia. Lembra que somos especialistas en catering a domicilio en toda Galicia e que podemos garantir o éxito de calquera banquete para ese festexo que tes en mente. 

Se andas na procura dun catering de confianza, non dubides en poñerte en contacto connosco para apostar por un servicio de calidade con todas as garantías. Pide o teu orzamento sen ningún tipo de compromiso. Agardámoste!

Noticias relacionadas

 Como facer polbo á galega en casa de maneira fácil e rápida 20 Feb

Como facer polbo á galega en casa de maneira fácil e rápida

20/02/2025 Receitas
Quen non gozou dun bo prato de polbo á galega e pensou: "Oxalá puidese facelo en casa"? Pois hai algo que deberías saber e que che contamos neste artigo! Chegou o momento de que saibas que non é necesario ser un chef profesional nin dispoñer de ferramentas complicadas para preparalo. Cuns poucos
Cociña con cachelos: sabores únicos 6 Mar

Cociña con cachelos: sabores únicos

06/03/2024 Receitas
En Pulpería Porta Cátering somos especialistas na gastronomía galega, e un dos nosos ingredientes estrela son os cachelos. Estes tubérculos son un alimento básico da nosa rexión, e gozan de moitos adeptos grazas á súa achega nutricional, o seu sabor e a súa textura. Queres saber máis? Segue lendo
Qué é a “carne ó caldeiro”? 22 Feb

Qué é a “carne ó caldeiro”?

22/02/2024 Receitas
En Galicia a comida é moito máis que unha necesidade; é unha celebración da nosa cultura, tradición e sabores poderosos. En Pulpería Porta Catering, na Estrada, estamos orgullosos de ser unha das principais empresas de catering da nosa comarca. Por iso, nos nosos pratos empregamos sempre materias
A gastronomía galega nun cachelo 9 Feb

A gastronomía galega nun cachelo

09/02/2024 Receitas
Galicia, terra de mar e montaña, é coñecida, entre outras razóns, pola súa incrible riqueza gastronómica. Entre os pratos emblemáticos que se poden degustar nesta comarca, destaca un humilde acompañamento que se converteu nunha delicia para os padais máis esixentes: o cachelo. En Pulpería Porta

Contacte con Pulpería Porta

Está interesado nos nosos servizos? Chámenos, estaremos encantados de atendelo.