Icono de teléfono
659 908 745

Contacte con nós

Celebra o Día da Nai cun catering especial da man de Pulpería Porta!

Publicado: 19 de abril de 2022, 16:39
  1. Catering
Celebra o Día da Nai cun catering especial da man de Pulpería Porta!

O Día da Nai xa está aquí e non sabes aínda que regalar á persoa que che deu a vida? Neste artigo imos darche unha idea para celebrar este día ao grande con toda a túa familia: a celebración dun catering especial. Porque nada fará máis ilusión á túa nai que pasar este primeiro domingo de maio rodeada dos seus.

En Pulpería Porta Catering estamos especializados na celebración de eventos e en ofrecer servizos de cátering para vodas, bautizos, comuñóns e todo tipo de celebracións sociais.

Se queres realizar unha gran comida, non te preocupes por comprar os alimentos, cociñalos, montar a mesa, recoller e limpar posteriormente...para iso estamos nós. En Pulpería Porta Catering traballamos para que só teñas que pensar en pasalo ben cos teus seres queridos.

Regala á túa nai un catering especial

Esta vez propúxechesche sorprender á túa nai e vas conseguilo coa celebración dun catering especial da man da nosa empresa radicada en A Estrada.

En Pulpería Porta Catering contamos con todo o necesario para que este Dia da Nai de 2022 sexa inesquecíbel. Para lograr ese obxectivo poñemos a disposición dos nosos clientes todo tipo de menaxe, como manteis, pratos... carpas, mesas, cadeiras e incluso baños portátiles. En definitiva, todo o necesario para unha gran celebración en familia. Por suposto, tamén temos un equipo de camareiros con grande experiencia que se ocuparán de servir aos comensais para que a experiencia sexa aínda máis completa e non haxa nada do que estar pendente durante a comida ou a cea.

Gran variedade de pratos e menús

Ademáis, dentro dos nosos servizos de catering dispoñemos dun amplo equipo de profesionais da cociña, que prepararán a comida cas mellores materias primas de Galicia. Na nosa sección de comidas pode ver algúns dos pratos máis típicos da gastronomía galega como especialidades propias da casa: Polbo á feira, callos, cachelos, churrasco, carne ó caldeiro, richada… Todos eles para chuparse os dedos.

Mais a nosa experiencia vai moito máis alá. Adaptámonos a todo tipo de gustos e necesidades. Podemos elaborar pratos vexetarianos ou sen gluten para aquelas persoas que así o desexen. O que nunca cambia é a calidade da materia prima que empregamos.

Aválanos a nosa traxectoria

En Pulpería Porta Catering levamos máis de dúas décadas traballando para clientes de toda Galicia, prestando os nosos servizos como empresa de cátering a domicilio. Contamos cunha serie de clientes fieis que avalan o noso bo traballo.

Non o pense máis, sexa orixinal e este ano non volvas mercar outra vez un libro, un perfume ou unha flor. Sorprende á túa nai nesta data tan especial. Contacta connosco para máis información. 

Noticias relacionadas

Como facemos o polbo en Pulpería Porta? 20 Nov

Como facemos o polbo en Pulpería Porta?

20/11/2024 Catering
O polbo á galega é máis que un simple prato, é unha tradición que conecta xeracións e coa que celebramos a esencia de Galicia. En Polbeira Porta, polbería especializada en grandes cáterings na Estrada, nos enorgullece seguir o método tradicional para a elaboración deste manxar, respectando os
Comida galega para todo tipo de eventos! 21 Out

Comida galega para todo tipo de eventos!

21/10/2024 Catering
Desde que iniciamos a nosa traxectoria profesional en 1995, Polbeira Porta Cátering foi sinónimo de sabor, tradición e calidade en Galicia. A nosa paixón pola boa cociña levounos a percorrer cada municipio da nosa preciosa rexión, levando a alegría e o bo comer a cada recuncho. Na nosa empresa de
Catering profesional para empresas con Pulpería Porta 16 Set

Catering profesional para empresas con Pulpería Porta

16/09/2024 Catering
Tes na túa axenda a organización dun evento empresarial en Galicia? Pois non fai falta que o digamos, pero aí imos: lembra que a calidade e a atención ao detalle son primordiais. E para que ambas as cousas estean á altura das expectativas, desde Pulpería Porta na Estrada poñémonos á túa disposición
Callos caseiros? En Pulpería Porta é posible 3 Xul

Callos caseiros? En Pulpería Porta é posible

03/07/2024 Catering
Cando se trata de organizar un evento especial, cada detalle conta. A elección do cátering é unha das decisións máis importantes, e se estás a buscar unha opción auténtica e deliciosa en Galicia, en Pulpería Porta Cátering somos a túa resposta. Cunha ampla experiencia en ofrecer servizos de

Contacte con Pulpería Porta

Está interesado nos nosos servizos? Chámenos, estaremos encantados de atendelo.