Chega a calor e con el a tempada de celebración de diferentes eventos, festas e romarías, pero o máis importante para conseguir unha boa velada é, case sen dúbida, a comida.
En Pulpería Porta estamos especializados na organización integral de todo tipo de eventos. Poñemos a disposición dos nosos clientes as nosas carpas, mesas e cadeiras, así como toda a vaixela necesaria para poder celebrar o seu evento.
Ademais de este gran servizo, en Pulpería Porta contamos cun servizo de catering co que poderás facer as delicias de todos os teus convidados. Elaboramos una gran variedade de pratos típicos da gastronomía galega como o polbo á feira ou churrasco que estamos seguros gustarán a calquera.
Dentro do noso servizo de catering tamén se inclúe a todos os membros de cociña necesarios para a creación de todos os pratos, así como dun grupo de camareiros con ampla experiencia, os cales servirán aos comensais e invitados o evento.
Que pratos elaboran en Pulpería Porta Catering?
En Pulpería Porta estamos especializados na elaboración dos máis coñecidos e populares pratos da nosa gastronomía:
- Polbo a Feira, a nosa grande especialidade
- Churrasco, sempre de carnes do país
- Callos
- Cachelos
- Carne o caldeiro
- Costela de tenreira “Ó espeto”
- Richada
Ademais de todos estos pratos en Pulpería Porta tamén ofrecemos diferentes sobremesas para rematar a comida ou cea cun mellor sabor de boca aínda.
Sexa cal sexa o seu evento, en Pulpería Porta podemos facernos cargo da súa organización. Grazas o noso servizo de catering poderá escoller entre una morea de pratos galegos ou, se o prefire, levaremos a cabo un menú totalmente personalizado para vostede e a súa celebración.
Encargámonos da organización o seu evento
En Pulpería Porta levamos moitos anos organizando eventos, tanto en vivendas e fincas particulares coma en pazos, casas rurais e incluso festas veciñais e romarías.
Dispoñemos de carpas propias e cociñas totalmente equipadas para poder elaborar os nosos pratos en calquera lugar, xa que tamén contamos con xeradores de corrente. Ofrecemos mesas, cadeiras, manteis e toda a vaixela necesaria para servir os convidados o seus eventos e facer que se atopen cómodos.
Se está buscando o catering perfecto para a súa voda, cena familiar, bautizo ou comuñón, en Pulpería Porta podemos axurdarlle. O noso persoal especializado e con grande experiencia, porase a súa total disposición para ofrecerlle os mellores pratos da gastronomía galega preparados por profesionais da cociña.
Póñase en contacto con nós e pídanos presuposto sen compromiso. Confía en Pulpería Porta e celebre un evento inesquecible con unha comida inmellorable grazas o noso servizo de catering e organización integral de eventos.