O tempo de cocción exacto é un dos segredos mellor gardados da gastronomía galega co seu afamadísimo polbo a feira. Unha das nosas receitas estrela en Pulpería Porta, o teu catering a domicilio en Galicia, que hoxe queremos compartir contigo. Toma lapis e papel e prepárate para descubrir un dos modos de elaboración dun prato único e cheo de todo o sabor da tradición.
O polbo cociñado en tixola
Se non temos a man unha pota de cocción rápida, a opción máis recomendable, quizais che sorprenda saber que o polbo tamén pode prepararse nunha tixola común, é todo cuestión de maña e mais de saber ben os procedementos.
Neste caso deberás de agardar a que estea a auga fervendo para facer tres inmersións rápidas, o que popularmente se coñece coma asustar ao polbo, unha técnica tradicional que mellora en grande medida o sabor deste manxar galego.
Acertar co tempo de cocción é algo que depende moito dos quilos de polbo que vaiamos preparar. Coma referencia inicial: ten en conta que por cada quilo de polbo soen empregarse quince minutos de cocción. Cando a auga xa estea fervendo, baixamos un pouco o lume e deixamos repousar, tras uns 15 ou 20 minutos de cocción, agardando que o polbo estea no seu punto exacto.
O polbo cociñado en pota
Esta sería a mellor opción. Se temos unha olla rápida deberemos agardar a que suba a válvula e, unha vez pasado este intre, retirar o polbo do lume.
Outra opción do máis apetecible é cociñar o polbo no seu propio xugo, unha maneira moi tradicional e saborosa de preparalo. Voltamos aplicar aquí a regra de vinte minutos de cocción por quilo de polbo, cocéndoo sen destapar a tixola ata o final. Na olla rápida que comentabamos ao inicio, como é de supor, o tempo de cocción diminúe de xeito significativo, polo que con 8 minutos de media soe ser suficiente para obter o resultado desexado.
Tedes un gran evento e queredes que o polbo, e todo o sabor da tradición, estean presentes? Nese caso non dubidedes en contactar con Pulpería Porta, o voso catering a domicilio en Galicia de toda confianza. Un equipo de profesionais expertos de primer nivel e amplísima experiencia na preparación tradicional de este clásico galego estará encantando de atendervos e mais de facer que na vosa próxima celebración todo saia -e nunca mellor dito- a saír de boca.
O noso servizo está dispoñible para eventos de todo tipo en toda Galicia. Por iso, en ocasións especiais, non deixes nada ao chou e confía nos mellores profesionais do sector: confía en Pulpería Porta. Agardámosvos!