Icono de teléfono
659 908 745

Contacte con nós

Canto tempo ten que cocer un polbo?

Publicado: 09 de novembro de 2022, 12:17
  1. Pulpería
Canto tempo ten que cocer un polbo?

O tempo de cocción exacto é un dos segredos mellor gardados da gastronomía galega co seu afamadísimo polbo a feira. Unha das nosas receitas estrela en Pulpería Porta, o teu catering a domicilio en Galicia, que hoxe queremos compartir contigo. Toma lapis e papel e prepárate para descubrir un dos modos de elaboración dun prato único e cheo de todo o sabor da tradición.

O polbo cociñado en tixola

Se non temos a man unha pota de cocción rápida, a opción máis recomendable, quizais che sorprenda saber que o polbo tamén pode prepararse nunha tixola común, é todo cuestión de maña e mais de saber ben os procedementos.

Neste caso deberás de agardar a que estea a auga fervendo para facer tres inmersións rápidas, o que popularmente se coñece coma asustar ao polbo, unha técnica tradicional que mellora en grande medida o sabor deste manxar galego. 

Acertar co tempo de cocción é algo que depende moito dos quilos de polbo que vaiamos preparar. Coma referencia inicial: ten en conta que por cada quilo de polbo soen empregarse quince minutos de cocción. Cando a auga xa estea fervendo, baixamos un pouco o lume e deixamos repousar, tras uns 15 ou 20 minutos de cocción, agardando que o polbo estea no seu punto exacto.

O polbo cociñado en pota

Esta sería a mellor opción. Se temos unha olla rápida deberemos agardar a que suba a válvula e, unha vez pasado este intre, retirar o polbo do lume.

Outra opción do máis apetecible é cociñar o polbo no seu propio xugo, unha maneira moi tradicional e saborosa de preparalo. Voltamos aplicar aquí a regra de vinte minutos de cocción por quilo de polbo, cocéndoo sen destapar a tixola ata o final. Na olla rápida que comentabamos ao inicio, como é de supor, o tempo de cocción diminúe de xeito significativo, polo que con 8 minutos de media soe ser suficiente para obter o resultado desexado.

Tedes un gran evento e queredes que o polbo, e todo o sabor da tradición, estean presentes? Nese caso non dubidedes en contactar con Pulpería Porta, o voso catering a domicilio en Galicia de toda confianza. Un equipo de profesionais expertos de primer nivel e amplísima experiencia na preparación tradicional de este clásico galego estará encantando de atendervos e mais de facer que na vosa próxima celebración todo saia -e nunca mellor dito- a saír de boca.

O noso servizo está dispoñible para eventos de todo tipo en toda Galicia. Por iso, en ocasións especiais, non deixes nada ao chou e confía nos mellores profesionais do sector: confía en Pulpería Porta. Agardámosvos!

Noticias relacionadas

Voda tradicional galega? Chame a Pulpería Porta! 6 Nov

Voda tradicional galega? Chame a Pulpería Porta!

06/11/2024 Pulpería
O día que se contrae matrimonio é un dos días máis importantes da vida de calquera persoa. Unha data especial para celebrar o amor xunto aos seus seres queridos. E que mellor maneira de facelo que cunha auténtica festa galega, onde a tradición, a gastronomía e o bo ambiente fusiónanse á
 Curiosidades sobre o polbo galego 7 Out

Curiosidades sobre o polbo galego

07/10/2024 Pulpería
O polbo galego, máis que un prato típico, é unha verdadeira institución gastronómica na rexión. O seu sabor único, a súa textura firme e a súa versatilidade na cociña convertérono nun ícono culinario que traspasa fronteiras, como ben sabemos na nosa polbeira. Pero máis aló disto, este animal
Non hai festa galega sen un bo polbo a feira 2 Set

Non hai festa galega sen un bo polbo a feira

02/09/2024 Pulpería
O polbo a feira, ou polbo á galega, é un prato emblemático de Galicia, que está presente en calquera festa, romaría ou celebración popular por unha serie de motivos que explicamos desde Pulpería Porta Cátering, os teus especialistas en polbo na Estrada.  A súa presenza non é só un deleite
¿Coñece a maxia do pulpo tradicional? 15 Xul

¿Coñece a maxia do pulpo tradicional?

15/07/2024 Pulpería
En Galicia, o polbo non é só un prato, é unha tradición, unha cultura gastronómica que se foi transmitindo de xeración en xeración. En Pulpería Porta Cátering, como o noso propio nome indica, somos perfectamente conscientes diso. Por este motivo, nos enorgullece ser unha das empresas de cátering de

Contacte con Pulpería Porta

Está interesado nos nosos servizos? Chámenos, estaremos encantados de atendelo.