Icono de teléfono
659 908 745

Contacte con nós

Canto tempo debe cociñarse un polbo?

Publicado: 26 de maio de 2022, 15:45
  1. Pulpería
Canto tempo debe cociñarse un polbo?

Exquisito manxar que non debe faltar en ningunha celebración que se prece, o polbo é o protagonista da mesa en moitos eventos e efemérides galegas. Conseguir o mellor sabor deste delicioso produto de mar é unha arte que comeza por unha cocción correcta. E é que un dos segredos mellor gardados á hora de cociñas o polbo está en saber canto tempo e con que intensidade debe ser esta cocción.

Dende Pulpería Porta, o teu catering a domicilio en Galicia, compartimos hoxe unha das mellores receitas da nosa terra e desvelamos todos os trucos para que o resultado sexa tan delicioso como esperamos.

Cocción do polbo nunha pota común

Se non temos unha olla rápida e imos cociñar o polbo nunha olla común, o primeiro que temos que facer son tres inmersións rápidas cando a auga estea fervendo. Cada inmersión bastará con que sexa duns cinco segundos, unha operación que se coñece como “asustar o polbo” e que mellora o sabor deste produto

A continuación, atinar co tempo de cocción preciso realmente depende moito dos quilos que vaiamos cociñar. Para facérmonos unha idea, podemos tomar coma referencia os quince minutos de cocción para cada quilo de polbo, contando, claro está, dende o momento no que a auga xa ferve ata o momento no que baixaremos un pouco o lume.

O ideal para cociñar o polbo de facelo coa olla destapada. Despois dos 15 ou 20 minutos iniciais, deixaremos repousar o polbo por outros 15 minutos e compraremos si se atopa no punto cravando un palillo. 

Cocción do polbo nunha pota rápida

Si temos á nosa disposición unha pota rápida, vai variar o tempo de cocción: uns oito minutos será suficientes para preparar ese quilo de polbo que tomamos antes coma referencia.

Contaremos o inicio deste tempo de cocción cando a válvula suba, unha vez concluído este lapso, retirarémolo do lume e deixaremos que a válvula baixe. Por cada quilo de polbo, engadiremos uns dous ou tres minutos máis ao tempo total da cocción.

Cocción do polbo no seu xugo

Outra opción non menos suculenta é a cocción no polbo na súa propia auga. Tamén aquí variarán os tempos de cocción segundo teñamos unha pota estándar ou rápida. No primeiro caso, cociñaremos o quilo de polbo en vinte minutos, sen destapar a pota ata o final, momento no que comprobaremos si o produto está a punto coa axuda dun garfo. En caso de que empreguemos pota rápida, o tempo de cocción baixará a 8 minutos.

Si queres que este manxar acompañe o teu evento cunha calidade e un sabor extraordinario, confía en Pulpería Porta, o teu catering a domicilio en Galicia. Encargarémonos de que todo estea perfecto para ese momento tan especial.

Noticias relacionadas

Voda tradicional galega? Chame a Pulpería Porta! 6 Nov

Voda tradicional galega? Chame a Pulpería Porta!

06/11/2024 Pulpería
O día que se contrae matrimonio é un dos días máis importantes da vida de calquera persoa. Unha data especial para celebrar o amor xunto aos seus seres queridos. E que mellor maneira de facelo que cunha auténtica festa galega, onde a tradición, a gastronomía e o bo ambiente fusiónanse á
 Curiosidades sobre o polbo galego 7 Out

Curiosidades sobre o polbo galego

07/10/2024 Pulpería
O polbo galego, máis que un prato típico, é unha verdadeira institución gastronómica na rexión. O seu sabor único, a súa textura firme e a súa versatilidade na cociña convertérono nun ícono culinario que traspasa fronteiras, como ben sabemos na nosa polbeira. Pero máis aló disto, este animal
Non hai festa galega sen un bo polbo a feira 2 Set

Non hai festa galega sen un bo polbo a feira

02/09/2024 Pulpería
O polbo a feira, ou polbo á galega, é un prato emblemático de Galicia, que está presente en calquera festa, romaría ou celebración popular por unha serie de motivos que explicamos desde Pulpería Porta Cátering, os teus especialistas en polbo na Estrada.  A súa presenza non é só un deleite
¿Coñece a maxia do pulpo tradicional? 15 Xul

¿Coñece a maxia do pulpo tradicional?

15/07/2024 Pulpería
En Galicia, o polbo non é só un prato, é unha tradición, unha cultura gastronómica que se foi transmitindo de xeración en xeración. En Pulpería Porta Cátering, como o noso propio nome indica, somos perfectamente conscientes diso. Por este motivo, nos enorgullece ser unha das empresas de cátering de

Contacte con Pulpería Porta

Está interesado nos nosos servizos? Chámenos, estaremos encantados de atendelo.