Aínda que o cocido é unha comida atemporal para todo bo galego, a época das chuvias e do vento sempre se presta para facer unha boa pota de cocido. É unha das comidas galegas máis naturais e da que podes desfrutar durante varios días. Ademais ten o engadido de que permite facer multitude de comidas a maiores co que sobre, como unhas boas croquetas de cocido.
O normal é que cada familia teña a súa propia receita de cocido, que vai pasando de xeración en xeración, pero nesta noticia vamos poñer os ingredientes imprescindibles a hora de facer un cocido para que sexa un total éxito. Confía nos profesionais da cocina, Pulpería Porta na Estrada.
Todo o que ten que levar un cocido galego triunfador
Comezamos co apartado máis natural, verduras e legumes:
- Os garavanzos son un legume que non pode faltar xa que aporta un gran sabor ao caldo e teñen unha gran cantidade de beneficios para a saúde.
- Un par de repolos algo grandes, esta verdura branca e algo imprescindible nesta comida, xa que soe ser unha das grandes protagonistas.
- Unha boa cantidade de patacas, un cocido que non leve moitos de estes tubérculos non teñen o mesmo sabor, é o ingrediente que come todo o mundo para acompañar dos seus complementos favoritos.
Agora imos falar da parte máis consistente que ten que aparecer nun bo cocido:
- A cachucha do porco: a lingua, as orellas, o fociño e o rabo. Non ten porque levar todas as partes xuntas, iso xa e cuestión das preferencias de cada un. Pero este animal e o protagonista da carne do cocido.
- Chourizo, o toque picante que todo cocido ten que levar. Un chourizo da casa no seu punto, nin moi duro nin que se desfaga, pode ser unha gran estrela nesta comida.
- Un cacho de tenreira, é unha boa variante ante tanto porco.
- Unha peza de costela, para os amantes da carne é algo moi necesario, xa que se desfai de maneira doada.
- O touciño, outórgalle moita graxa ao cocido e por ende moito sabor ao caldo.
- Un bo lacón, porque non soamente tómase con grelos, non pode faltar nesta elaboración.
- A maiores hai condimentos como o sal, aceite, unha peza de unto e a auga que xa se dan por incluídos para completar a receita.
Especialistas en comida galega, Pulpería Porta
Para os amantes da comida, nada mellor que a gastronomía galega. Un bo cocido, un pouco de polvo, carne ao caldeiro… Se andas a buscar unha comida caseira con produtos de primeira calidade, contrata o servizo de cátering de Pulpería Porta. ¡Quedarás con ganas de máis!