O tempo voa e o verán xa dixo adeus. Pouco a pouco, os días cálidos despidense para dar paso a temperaturas máis frescas e á choiva, tan típica da nosa querida Galicia. O outono, esa estación intermedia que marca a transición entre o calor estival e o frío invernal, emerxe co seu encanto inigualábel. Os días acurtan e as follas dos árbores teñen tonalidades douradas e vermellas.
Dende Pulpería Porta Catering, queremos celebrar a estación máis romántica do ano cun dos nosos pratos estrela: o polbo. Siga lendo este artigo connosco e descubra receitas deliciosas coas que gozar deste manxar.
3 receitas de outono con polbo
Quen cre que o polbo só se goza nos meses de calor nas terrazas, equivócase e, dende a nosa polbeira, imos demostralo. Coxa papel e bolígrafo e tome nota!
1. Crema de cabaza con brocheta de polbo
Sofritimos cebola, allo e cabaza en aceite de oliva. Engadimos caldo de verduras e cocemos até que a cabaza estea tenra. Trituramos a mestura e engadimos leite de coco para maior cremosidade. Preparamos as brochetas de polbo e cocemos nunha grella ou sartén até que doren. Servimos a crema, colocamos a brocheta de polbo en cada prato e adornamos con perexil fresco. A combinación da suavidade da cabaza e o sabor mariño do polbo fará que esta receita sexa unha experiencia culinaria inesquecíbel.
2. Polbo guisado con verduras
Quentamos unha cazola con auga, sal e unha ramela de apio, introducimos o polbo e cocemos durante 30 minutos. Deixámolo que atempere e cortámolo en rodaxas. Posteriormente, lavamos e troceamos un pouco de xudías, guisantes e cenoria. Rehogámolas nunha pota con aceite, engadimos o polbo, salpimentamos, cubrimos con auga e deixamos cocer a lume lento. Finalmente, cocemos un ovo, picamos eneldo e ceboliño e servímolo xunto ao polbo coas verduras.
3. Pasta con polbo, mexillóns e gambas
Primeiro, cocemos a pasta ao dente. Nunha sartén, salteamos as gambas e mexillóns ata que se abran. Engadimos o polbo cocido e cortado en trozos pequenos. Engadimos allo, perexil e tomates cherry. Mezclamos coa pasta cocida e engadimos un toque de aceite de oliva. Xa estamos listos para gozar dunha marabillosa combinación de sabores mariños!
Servizo de catering e polbeira en Galicia. Visite Pulpería Porta!
Descubra o sabor auténtico de Galicia sen esforzo alguno grazas ao noso servizo de catering a domicilio para toda clase de eventos. Sorprenda aos seus invitados con pratos típicos da nosa gastronomía, sempre coas mellores materias primas.
Póñase en contacto agora mesmo co equipo de Pulpería Porta e celebre a entrada do outono da mellor maneira posible!