E o mesmo un cachelo que unha pataca cocida? Imos dar unha resposta á galega: depende. Seguro escoitaches falar dos cachelos, un acompañamento riquísimo e moi popular para moitos pratos de carne e peixe en Galicia. Pero, iso si, o significado que lle deas a “cachelo” vai depender moito da zona de Galicia na que esteas. Dende Pulpería Porta, o teu catering a domicilio en Galicia, aclaramos esta curiosidade sobre os cachelos e, o máis importante, amosámosche como se preparan dunha forma deliciosa. Atentos, que imos!
Cachelos, con ou sen pel?
Na zona da Costa da Morte e das Rías Baixas falamos de cachelos cando nos referimos a patacas cocidas con monda que non teñen máis condimento que auga e sal ou, como moito, unha folla de loureiro. Nesta zona, os cachelos cocíñanse coa pel e son acompañamento exquisito para pratos a base de peixe.
Entón as patacas cocidas e peladas dunha caldeirada de peixe non serían cachelos? Nestas zonas de Galicia, abofé non. Porén, en zonas do interior, o cachelo é un anaco de pataca mondada e cocida con sal, polo que non levan a pel. O que si, ambos “cachelos”, interior e costa, coinciden nunha cousa: son sempre anacos de patacas cocidas cortadas, nunca enteiras, que serven coma acompañamento.
Como se serven os cachelos?
Con ou sen pel, tradicionalmente, os cachelos sérvense cortados á metade, xa sexa para acompañar carnes, verduras ou peixe. O normal é comelos sen máis engadidos, fervidos, se son cachelos de calidade, pódese apreciar todo o sabor.
Como se preparan os cachelos?
Aclarada a polémica sobre si os cachelos deben levar pel ou non (ao final dependerá da zona na que esteamos e dos nosos gustos), dende Pulpería Porta propoñemos unha receita para preparalos e que queden perfectos como acompañamento.
Vas precisar, para catro persoas, 12 patacas tipo cachelo, auga, sal fina e, se queres, unha folla de loureiro. Limpa ben as patacas, para que non teñan restos de terra, e méteas en auga fervendo con sal e loureiro, opcional. Deixa cocer durante 20-25 minutos, comproba si xa están listos pinchando cun garfo e retira cunha espumadeira para eliminar o exceso de auga. Xa os temos! Listos para servir como acompañamento co noso prato favorito!
Se che gustan os produtos típicos de Galicia e queres gozar de produtos de primeira calidade, contacta con Pulpería Porta, o teu servizo de catering galego que poderás recibir en calquera punto de España. Facemos envíos a domicilio para que o mellor sabor da terra poida chegar ao teu prato, esteas onde esteas. Con Pulpería Porta os sabores das nosas rías non teñen ningún tipo de fronteiras. Estás preparado para degustalos?