Quen non gozou dun bo prato de polbo á galega e pensou: "Oxalá puidese facelo en casa"? Pois hai algo que deberías saber e que che contamos neste artigo! Chegou o momento de que saibas que non é necesario ser un chef profesional nin dispoñer de ferramentas complicadas para preparalo. Cuns poucos ingredientes e seguindo os pasos adecuados, terás na túa mesa un prato tradicional digno de calquera polbeira galega. En Pulpería Porta Cátering, xa que somos especialistas en cátering a domicilio en Galicia co polbo como protagonista, desvelámosche os segredos para que consigas o polbo perfecto, e sen complicarche a vida!
O esencial é que seleccións o mellor polbo que che poidas permitir
O primeiro paso é asegurarche de contar cun polbo de calidade. Se é fresco, terás que conxelalo previamente para abrandar as fibras. Se o compras xa conxelado, só terás que desconxelalo de maneira gradual, pasándoo do conxelador ao frigorífico a noite anterior. O punto do polbo comeza na súa selección, así que non escatimes en buscar o mellor que sexa posible.
Os ingredientes básicos para o polbo á galega
Non necesitas unha lista interminable para saborear o mellor polbo:
- Polbo (de 1,5 a 2 quilos).
- Patacas galegas (variedade Kennebec se podes conseguilas).
- Sal groso.
- Pemento doce e picante.
- Aceite de oliva virxe extra.
Pasos para cociñar o polbo como o fariamos no noso cátering de Galicia
"Asustar" o polbo
Este truco asegura que quede coa textura perfecta. Ferve auga nunha pota grande e mergulla o polbo durante 3 segundos. Sácao e repite o proceso tres veces antes de deixalo dentro para cocer.
Cocción do polbo
Cociña o polbo a lume medio durante uns 20-25 minutos por quilo. Pica cun escarvadentes na parte máis grosa para comprobar se está no seu punto; debe entrar con facilidade.
Cocción das patacas
Na mesma auga onde cociches o polbo, engade as patacas peladas e cortadas en toros grosos. Isto daralles ese sabor inconfundible. Déixaas cocer durante uns 15 minutos, ata que estean tenras.
O toque final dun bo polbo á galega
Coloca as patacas como base nun prato ou fonte de madeira, engade o polbo cortado en toros finos e espolvorea primeiro o sal groso, daquela o pementón (mestura doce e picante ao gusto) e, finalmente, un bo chorro de aceite de oliva virxe extra.
Así terás o sabor de Galicia na túa mesa!
Preparar polbo á galega en casa é máis sinxelo do que imaxinas, e o resultado vale cada segundo. En Pulpería Porta Cátering, sabemos que os mellores momentos gózanse ao redor dun prato ben feito. Así que, ao choio e... a gozar do sabor auténtico de Galicia! E, agora que che contamos todo o anterior, lembra que se non es de cociñar e prefires que cho leven, podes contar co noso servizo de cátering a domicilio e para eventos en Galicia.